Ir o contido principal

O Museo das Peregrinacións e de Santiago propón un concurso polo Día do Libro

O Museo das Peregrinacións e de Santiago propón un concurso polo Día do Libro

O Día do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura e render a homenaxe universal aos libros e autores/as cada 23 de abril. Este ano, as circunstancias fan que os nosos museos fagan propostas a través das redes sociais para que o 23 de abril siga sendo o Día do Libro.

O Museo Arqueolóxico de Ourense convoca un concurso de microrrelatos para celebrar o Día do Libro

O Museo Arqueolóxico de Ourense convoca un concurso de microrrelatos para celebrar o Día do Libro

Con motivo do Día do Libro, o Museo Arqueolóxico de Ourense convoca un concurso de microrrelatos no que pode participar calquera persoa que o desexe. As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización da nai, o pai ou titor/a legal segundo o modelo que se xunta nas bases.

O xurado do premio está composto polo equipo do Museo, e como premio obterase un lote dos últimos 10 libros publicados polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e o Grupo Marcelo Macías.

Actividades nos museos para a conmemoración do Día Internacional do Libro o 23 de abril

Actividades nos museos para a conmemoración do Día Internacional do Libro o 23 de abril

O Día do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Dende 1988 é unha celebración internacional promovida pola Unesco, e, dende 1995, decídese render a homenaxe universal aos libros e autores/as cada 23 de abril, alentando a todos/as, e en particular á mocidade, a descubrir o pracer da lectura.

Visitas virtuais diarias ao Museo de Valle-Inclán

Visitas virtuais diarias ao Museo de Valle-Inclán

O Museo de Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal promove a cultura dende a casa publicando unha proposta de visita virtual diaria baixo o lema Queda na casa vendo o teu museo!. Xa levan vinte entradas diferentes. Entra nesta ligazón para ver máis polo miúdo os temas que propoñen, ou entra cada día a ver que nova peza mostran: https://apobra.gal/tag/queda-na-casa-vendo-o-teu-museo/.

Convocadas 5 bolsas Xunta/Fulbright para estudos artísticos nos EE UU

Convocadas 5 bolsas Xunta/Fulbright para estudos artísticos nos EE UU

A Xunta de Galicia e a comisión Fulbright colaboran na oferta de cinco bolsas para que creadores/as vinculados/as con Galicia poidan realizar estudos, estadías ou investigacións nos Estados Unidos no campo das artes.

Os/as futuros/as bolseiros/as deberán ser maiores de idade; estar vinculados/as a Galicia por nacemento, residencia, formación ou traxectoria profesional; contar cun título superior ou artístico; dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nalgún centro estadounidense, e demostrar un alto coñecemento de inglés falado e escrito.

O Museo Etnolóxico convoca un concurso nas redes para conmemorar o Día do Libro

O Museo Etnolóxico convoca un concurso nas redes para conmemorar o Día do Libro

O 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro. Xa que este ano non é posible facelo doutro xeito que a través das redes sociais, o Museo Etnolóxico de Ribadavia convoca un concurso: "O mes de abril na tradición".

Para saber como participar, entrade nesta ligazón do Facebook do Museo. Sortearase un agasallo entre as persoas participantes, e editarase un libro en liña con todas as achegas!

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a súa "Peza do mes" correspondente a abril

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a súa "Peza do mes" correspondente a abril

Todos os meses o Museo escolle unha "Peza do mes" e fai unha presentación pública na que unha persoa especialista ou investigadora dá a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza escollida.

Homenaxe dos museos a Domingo de Andrade polo Día das Artes Galegas

Homenaxe dos museos a Domingo de Andrade polo Día das Artes Galegas

O 1 de abril foi o Día das Artes Galegas e os museos achegaron as súas propias homenaxes ao grande arquitecto barroco Domingo de Andrade. As actividades programadas para este día están adiadas por mor das circunstancias actuais, pero houbo recoñecementos á súa obra nas redes sociais.

O 1 de abril é o #DíaDasArtesGalegas

O 1 de abril é o #DíaDasArtesGalegas

O Día das Artes Galegas é unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Dende 2015, conmemórase cada 1 de abril.

Cada ano dedícaselle o día a un/unha artista de Galicia. Este ano está dedicado ao arquitecto barroco Domingo de Andrade. As actividades e homenaxes programados para este día están adiados por mor das circunstancias actuais, pero podemos botar unha ollada a este personaxe, por exemplo, dende twitter.com/CidadedaCultura.

Subscribirse a