Ir o contido principal

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a súa "Peza do mes" correspondente a abril

Todos os meses o Museo escolle unha "Peza do mes" e fai unha presentación pública na que unha persoa especialista ou investigadora dá a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza escollida.

Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, esta presentación está cancelada, pero o peche das actividades presenciais non impide que o equipo técnico do Museo continúe a traballar, e, como cada mes, unha peza é protagonista. Pódese acceder a ela de xeito virtual nesta ligazón, onde se afonda sobre o contexto histórico e as relacións arqueolóxicas desta peza dun xeito pormenorizado:

Peza do mes: Brazal de arqueiro. Coto do Brigueiro (Carballeda de Avia)

A peza protagonista de abril é das coñecidas como "brazais de arqueiro". Trátase dunha pequena placa de lousa recortada e superficie coidadosamente puída. Probablemente se trata dunha placa de protección dos pulsos dos arqueiros, e evitar así o impacto no retroceso da corda do arco, aínda que hai outras hipóteses. Estas pezas aparecen practicamente por toda Europa, non obstante, os achados no noroeste hispánico, á parte de pouco numerosos, ofrecen certas diferenzas.

Ligazóns