Xestión de museos na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
As competencias da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en materia de museos de interese para Galicia desenvólvense a través da Dirección Xeral de Cultura, que ten encomendada a dirección e coordinación das actuacións da Consellería en materia de museos centros museísticos e que van dirixidas a velar pola conservación, o coidado, a promoción e a difusión do patrimonio moble de Galicia, especialmente a través destas institucións.
A Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos ten, entre as súas funcións, a coordinación e dirección técnica do Sistema Galego de Centros Museísticos, a xestión dos museos de titularidade autonómica adscritos a esta Consellería e os de titularidade estatal de xestión transferida á Comunidade Autónoma de Galicia.
O Servizo de Centros Museísticos, adscrito á subdirección citada, é a unidade administrativa que coordina as actuacións en materia de museos e centros museísticos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Contacto
Servizo de Centros Museísticos
Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Dirección Xeral de Cultura
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - XUNTA DE GALICIA
Cidade da Cultura. Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia. 1º andar.
15707 Santiago de Compostela