Servizo de centros museísticos
O Servizo de Museos e Centros Museísticos é a unidade administrativa que coordina as actuacións en materia de museos na Comunidade Autónoma de Galicia e ten a responsabilidade sobre o control do patrimonio moble custodiado nos museos e centros museísticos de Galicia, tanto nos de titularidade autonómica como estatal xestionados pola Dirección Xeral de Cultura, como daqueles que constitúen o Sistema Galego de Museos e Centros Museísticos. Dende o servizo articúlase o asesoramento e a colaboración continua entre o persoal técnico das diferentes institucións museísticas na procura dunha unidade de acción institucional no que se refira aos procedementos e ao tratamento técnico dos fondos.
Funcións
Son funcións do Servizo de Centros Museísticos:
- A coordinación e dirección técnica do Sistema galego de centros museísticos e das distintas redes que o integran, así como a inspección dos centros museísticos galegos e do seu patrimonio cultural.
- A xestión dos museos de titularidade autonómica adscritos a esta consellería e dos de titularidade estatal de xestión transferida á Comunidade Autónoma de Galicia.
- A tramitación e o informe dos procedementos para a creación, autorización e cuali-ficación de museos, coleccións museográficas e centros de interpretación do patrimonio cultural segundo a normativa vixente.
- A actualización e o control do Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia.
- O inventario do patrimonio moble custodiado nos museos galegos, así como o control dos movementos, restauracións e reproducións do patrimonio moble custodiado neles.
- O apoio e asesoramento técnico nas materias de patrimonio moble e de museos de interese para Galicia.
- A programación, coordinación e xestión das actuacións en materia de incremento, conservación, documentación, investigación e difusión do patrimonio custodiado nos cen¬tros museísticos galegos.
- A taxación de bens culturais de carácter museístico con fins administrativos.
- Incentivar as xestións para o incremento do patrimonio moble dos museos propios e xestionados a través das diferentes formas de ingreso previstas pola normativa vixente.
- O apoio administrativo ao Consello de Centros Museísticos de Galicia.
- Calquera outra función análoga que lle sexa encomendada.
Tramitacións
O Servizo de Centros Museísticos ten encomendada a tramitación dos expedientes relacionados con:
- Control de movementos, restauracións e reproducións do patrimonio moble de museos e centros museísticos do Sistema Galego de Centros Museísticos: saídas, intervencións e restauracións de fondos museísticos.
- Incremento e documentación do patrimonio moble galego:
- Adquisicións, doazóns e depósitos en comodato de fondos en museos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Inventariado do patrimonio moble de museos e centros museísticos do Sistema Galego de Centros Museísticos.
- Depósitos de material arqueolóxico en museos e centros museísticos do Sistema Galego de Centros Museísticos.
- Autorización, recoñecemento e creación de museos ou centros museísticos no territorio da Comunidade Autónoma.
- Autorización de publicacións, reproducións e xestión económica dos museos autonómicos e xestionados dependentes da Dirección Xeral de Cultura.
- Xestión de convenios.
Museos xestionados pola Xunta de Galicia
- Museos adscritos á Dirección Xeral de Cultura:
- De titularidade autonómica:
- De titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia:
Sistema Galego de Centros Museísticos
Forman parte do Sistema Galego de Centros Museísticos todos os museos e centros museísticos, de diversas titularidades e tipoloxías, situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, autorizados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventudes e inscritos no Rexistro Xeral de Centros Museísticos.
As competencias que ten atribuídas nesta materia a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude exércense principalmente nos museos propios e nos que xestiona de titularidade estatal, pero tamén nos máis de 80 centros museísticos que se distribúen pola xeografía galega, pertencentes a administracións locais, a fundacións privadas e á igrexa.
Segundo os contidos temáticos destes museos e coleccións podemos establecer varias tipoloxías: