Para os museos xestionados pola Dirección Xeral de Políticas Culturais regulouse unha colaboración cos centros educativos de Galicia con programas de formación e voluntariado que teñen como obxectivo principal impulsar a formación do futuro persoal técnico en materia de museos.
Convenios en vigor (descarga en formato PDF):
- Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da USC en arquivos e museos das Consellería de Cultura e Turismo
- Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da UDC en arquivos e museos das Consellería de Cultura e Turismo
- Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo (actualmente, Consellería de Cultura, Educación e Universidade) e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da UDC en arquivos e museos da Consellería de Cultura e Turismo
- Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo (actualmente, Consellería de Cultura, Educación e Universidade) e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da USC en arquivos e museos da Consellería de Cultura e Turismo
- Prórrogas dos convenios de colaboración para a realización de prácticas académicas externas entre a consellería e:
- Renovación do convenio de prácticas académicas externas entre a consellería e a Universidade de Vigo
- Addenda aos convenios de prácticas académicas externas para a alta e inclusión do alumnado universitario na Seguridade Social entre a consellería e as Universidades