8 de abril do 2020 O Museo Etnolóxico convoca un concurso nas redes para conmemorar o Día do Libro

Museo Etnolóxico de Ribadavia

O 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro. Xa que este ano non é posible facelo doutro xeito que a través das redes sociais, o Museo Etnolóxico de Ribadavia convoca un concurso: "O mes de abril na tradición".

Para saber como participar, entrade nesta ligazón do Facebook do Museo. Sortearase un agasallo entre as persoas participantes, e editarase un libro en liña con todas as achegas!

Galería

  • Cartel do concurso