O Museo Arqueolóxico de Ourense convoca un concurso de microrrelatos para celebrar o Día do Libro

Con motivo do Día do Libro, o Museo Arqueolóxico de Ourense convoca un concurso de microrrelatos no que pode participar calquera persoa que o desexe. As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización da nai, o pai ou titor/a legal segundo o modelo que se xunta nas bases.
O xurado do premio está composto polo equipo do Museo, e como premio obterase un lote dos últimos 10 libros publicados polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e o Grupo Marcelo Macías.
O prazo de presentación dos orixinais conclúe o día 20 de abril de 2020, ás 24:00 horas.
Os traballos remitiranse ao correo electrónico do Museo: museo.arqueoloxico.provincial.ourense@xunta.gal. No campo “Asunto” da mensaxe deberá figurar a lenda Microrrelatos.