Ir o contido principal

Volven as escavacións ao Castro de Viladonga

Volven as escavacións ao Castro de Viladonga

Retomáronse os traballos arqueolóxicos da campaña de escavación 2019-2020 no Castro de Viladonga, unha campaña que está proporcionando datos moi interesantes sobre a secuencia cronolóxica do asentamento, aproximando o castro aos 1.000 anos de ocupación.

A información sobre a devandita campaña achégase no blog que a empresa Terra Arqueos, responsable das escavacións, xerou para a súa difusión, e ao que se pode acceder desde esta ligazón: https://castroviladonga19.blogspot.com/.

Os museos da Xunta de Galicia reabren ao público

Os museos da Xunta de Galicia reabren ao público

Os museos da Xunta de Galicia xa poden ser visitados, despois desta longa etapa por mor da epidemia da COVID-19, na que se puido acceder aos museos tan só de xeito virtual. As propostas a través das súas webs e as redes sociais continuarán a diario, nun esforzo por seguir compartindo.

Para as visitas hai que facer uso das novas normas e condicións de acceso. A visita está regulada atendendo ás normas preventivas e de seguridade, adecuadas para protexer a saúde e evitar contaxios.

Balance da MuseumWeek 2020

Balance da MuseumWeek 2020

#aculturasegue #MuseumWeek

A MuseumWeek celebrouse a nivel mundial na semana previa á conmemoración do Día Internacional dos Museos (18 de maio). Este ano, a organización do evento elixiu como lema Togetherness (Tod@s xunt@s), motivo que cobra especial relevancia na situación de emerxencia sanitaria que vivimos a nivel mundial. Ante a crise sanitaria vinculada ao coronavirus reforzouse o desexo de promover esta mensaxe universal, e a MuseumWeek foi un apoio para as poboacións confinadas e para quen loita contra esta enfermidade.

Nova ampliación da exposición de Luís Seoane ata o mes de setembro

Nova ampliación da exposición de Luís Seoane ata o mes de setembro

A exposición Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane, que ía rematar a comezos do mes de marzo, ampliárase ata o 10 de maio debido ao éxito de visitantes. Con motivo da crise sanitaria xerada pola COVID-19, o Museo tivo que pechar as súas portas ao público. Durante este tempo, o persoal do Museo estivo a traballar para que a exposición se puidese desfrutar virtualmente e para poder ampliar a duración da mostra. A exposición poderá visitarse de novo presencialmente ata o vindeiro mes de setembro.

A Xunta convida á reflexión sobre os desafíos da cultura na era posCOVID-19 a través dunha serie de foros on line con expertos

A Xunta convida á reflexión sobre os desafíos da cultura na era posCOVID-19 a través dunha serie de foros on line con expertos

A Xunta de Galicia vén de pór en marcha os Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era posCOVID-19. Trátase dunha serie de encontros on line –en formato webinario– con especialistas procedentes de distintos campos das industrias culturais e creativas, co obxectivo de convidar á reflexión e á análise dos retos aos que se enfronta o sector no panorama actual, marcado pola emerxencia sanitaria e o seu impacto no ámbito cultural.

Os museos únense á MuseumWeek 2020

Os museos únense á MuseumWeek 2020

#MuseumWeek2020 #aculturasegue

Un ano máis, os nosos museos únense á #MuseumWeek e aos 7 hashtags da 7ª edición. Unha sinerxía única no mundo, fonte de tráfico, diversidade e creatividade.

A MuseumWeek convida a favorecer as experiencias museísticas máis transversais, lúdicas e educativas e a comunicalas polas redes sociais.

Subscribirse a