11 de xuño do 2020 Volven as escavacións ao Castro de Viladonga

Museo do Castro de Viladonga

Retomáronse os traballos arqueolóxicos da campaña de escavación 2019-2020 no Castro de Viladonga, unha campaña que está proporcionando datos moi interesantes sobre a secuencia cronolóxica do asentamento, aproximando o castro aos 1.000 anos de ocupación.

A información sobre a devandita campaña achégase no blog que a empresa Terra Arqueos, responsable das escavacións, xerou para a súa difusión, e ao que se pode acceder desde esta ligazón: https://castroviladonga19.blogspot.com/.