Ir o contido principal

Museo do Castro de Viladonga

O museo

O conxunto arqueolóxico e museístico de Viladonga ocupa todo o cumio dun monte desde o que se domina un amplo panorama sobre a Terra Chá lucense e as serras de Monciro e de Pradairo e a de Meira. Está situado no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, a 23 km ao nordeste da capital lucense.

A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga púxose de relevo a raíz das escavacións iniciadas en 1971, tanto pola monumentalidade e diversidade das estruturas descubertas como pola cantidade e calidade dos materiais aparecidos. O xacemento é un exemplo de asentamento destacado, sobre todo entre os séculos II e V d.C., moi importante para o coñecemento, estudio e comprensión do mundo castrexo trala conquista romana. No castro continúan de forma periódica os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación.

O Museo do Castro de Viladonga abriuse ó publico en novembro de 1986. Dedícase á interpretación e explicación do xacemento e á custodia e exposición dos materiais procedentes das sucesivas escavacións. Está situado entre as dúas últimas murallas do lado sueste do Castro, moi preto da súa croa.

O museo é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia.

Información do museo en formato PDF

https://viladonga.xunta.gal

Estrada N-640, km 70
27259, Castro de Rei

Tlf. +34 982 870 160
Fax +34 982 870 164

museo.viladonga@xunta.gal

Horario

Museo:
Aberto todos os días (agás 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro)
De marzo a outubro: de 10 a 20 h.
De novembro a febreiro: de 10 a 19 h.
Castro:
Acceso libre todos os días do ano.


Tarifas

Entrada gratuíta ao castro e ao museo