Servizos
Tenda
Posibilidade de mercar publicacións, material de difusión e reproducións. En colaboración coa Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.
Auditorio
Sala de actos de usos múltiples, empregada habitualmente para a proxección de audiovisuais, para conferencias e para exposicións temporais.
Biblioteca
Biblioteca auxiliar de uso semipúblico, especializada en Arqueoloxía, Historia Antiga e Patrimonio Cultural así como en temas galegos. Adscrita á Rede de Bibliotecas de Galicia.
Consulte o catálogo da biblioteca
Reproducións fotográficas
Para a obtención de imaxes de fondos do museo, ben por medios fotográficos ou audiovisuais, con fins académicos, de investigación, de difusión e para publicacións, o servizo está dispoñible baixo expresa autorización da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, mediante a solicitude de reprodución de fotografías ou a solicitude de reproducións audiovisuais que facilita o propio centro.
Outros servizos
- Realización de eventos corporativos
- Trípticos da exposición permanente dispoñibles en tres idiomas (galego, castelán e inglés)
Estrada N-640, km 70
27259, Castro de Rei
Tlf. +34 982 870 160
Fax +34 982 870 164
museo.viladonga@xunta.gal
Horario
Museo:
- Aberto todos os días do ano (agás 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro).
- De marzo a outubro: de 10:00 a 20:00 h.
- De novembro a febreiro: de 10:00 a 19:00 h.
Castro:
- Aberto todos os días do ano.