Ir o contido principal

A visita

Como chegar

Chégase a el desde o km 70 da estrada N-640, que une Lugo con Asturias. Conta cun espazo de aparcadoiro para vehículos e unha pequena área de lecer.

Accesibilidade

As instalacións do museo están adaptadas para a circulación de persoas con mobilidade reducida. 

Visitas guiadas

Realízase orientación e traballo didáctico con visitas escolares ou con grupos específicos.  

Normas de acceso

As visitas en grupo convén solicitalas con antelación, tendo en conta a conveniencia de facer subgrupos (preferentemente non superiores a 35/40 persoas), polo espazo dispoñible e para facilitar o aproveitamento didáctico da visita.

Está permitido fotografar e filmar sen trípode e sen flash, para uso particular e cubrindo un formulario de solicitude. 

https://viladonga.xunta.gal

Estrada N-640, km 70
27259, Castro de Rei

Tlf. +34 982 870 160
Fax +34 982 870 164

museo.viladonga@xunta.gal

Horario

Museo:

  • Aberto todos os días do ano (agás 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro).
  • De marzo a outubro: de 10:00 a 20:00 h.
  • De novembro a febreiro: de 10:00 a 19:00 h.

Castro:

  • Aberto todos os días do ano.

Tarifas

Entrada gratuíta ao castro e ao museo