28 de maio do 2020 Os museos da Xunta de Galicia reabren ao público

Os museos da Xunta de Galicia xa poden ser visitados, despois desta longa etapa por mor da epidemia da COVID-19, na que se puido acceder aos museos tan só de xeito virtual. As propostas a través das súas webs e as redes sociais continuarán a diario, nun esforzo por seguir compartindo.

Para as visitas hai que facer uso das novas normas e condicións de acceso. A visita está regulada atendendo ás normas preventivas e de seguridade, adecuadas para protexer a saúde e evitar contaxios.

As normas dos museos están baseadas no Protocolo polo que se establece o reinicio da actividade presencial dos arquivos, museos e bibliotecas de xestión da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e se establecen medidas preventivas fronte ao COVID-19, publicado no DOG nº 96 do 19 de maio de 2020.

De acordo con este protocolo, elaboráronse as medidas para as persoas que accedan ás instalacións dos museos. Pódense consultar, por exemplo, as medidas do Museo Etnolóxico de Ribadavia ou as medidas do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Galería

  • Museo de Belas Artes da Coruña

    Museo de Belas Artes da Coruña

  • Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

    Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

  • Museo Massó

    Museo Massó

  • Museo do Viño de Galicia

    Museo do Viño de Galicia

  • Museo das Peregrinacións e de Santiago

    Museo das Peregrinacións e de Santiago

  • Museo do Castro de Viladonga

    Museo do Castro de Viladonga