Galicia a terra dos mil panos. Roupa de levar á vila
Galicia a terra dos mil panos. Roupa de levar á vila Montaxe cunha escolma de pezas de vestimenta tradicional.
A mostra "Galicia a terra dos mil panos. Roupa de levar á vila" está elaborada con bens da colección da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, e propón unha atractiva achega ás pezas de vestimenta tradicional de Galicia.
Mediante unha coidada selección, do total de obras que compoñen a exposición orixinal, a mostra presenta elementos tan singulares como 7 mantóns antigos de paisley de espectacular colorido e deseño con máis de 150 anos de antigüidade e panos de cabeza, de bobiné de batista ou tule bordados a man.