Ir o contido principal

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a "Peza do mes" correspondente ao mes de xaneiro do 2021

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a "Peza do mes" correspondente ao mes de xaneiro do 2021

Como todos os meses, o museo escolle unha peza ou obra para darlle máis visibilidade e tratala de xeito singularizado a través dunha edición virtual na que unha persoa especialista ou investigadora dá a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza ou obra escollida.

A peza protagonista que inaugura o 2021 procede do xacemento galaico-romano do Monte do Señoriño (Armea, Santa Mariña de Augas Santas, concello de Allariz), que forma parte do recentemente nomeado como conxunto arqueolóxico-histórico de Armea.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia expón máis de 150 obxectos sobre a figura de San Cipriano o Mago

O Museo Etnolóxico de Ribadavia expón máis de 150 obxectos sobre a figura de San Cipriano o Mago

A mostra afonda na pegada desta figura no imaxinario popular de Galicia.

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, e o alcalde de Ribadavia, César Fernández, inauguraron no Museo Etnolóxico de Ribadavia a mostra San Cipriano o mago. De oracións, ciprianillos e tesouros que expón máis de 150 obxectos vencellados con esta figura do santo de Antioquía.

A Xunta impulsa a publicación dun libro sobre a importancia da Xeración Nós na arqueoloxía galega

A Xunta impulsa a publicación dun libro sobre a importancia da Xeración Nós na arqueoloxía galega

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Xulio Rodríguez, presentaron este martes na sede da delegación o libro Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós, impulsado polo Goberno galego en colaboración co Seminario de Estudos Galegos e editado polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros

San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros

A exposición "San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros" chega ao Museo Etnolóxico de Ribadavia. Esta mostra supón unha achega á figura de San Cipriano de Antioquía, o santo máxico cristián por excelencia, patrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios.

Presentación do novo número da revista "CROA"

Presentación do novo número da revista "CROA"

O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou o día 10 de decembro no Museo do Castro de Viladonga o número 30 da revista CROA.

A revista CROA é unha edición anual do Museo do Castro de Viladonga. De carácter informativo e científico, está composta por artigos de temática arqueolóxica, histórica, artística e patrimonial. Pretende ser o órgano de expresión científica e cultural do museo e, ademais, servir de vía de comunicación con outros museos a través do intercambio con outras institucións interesadas.

A ciencia en imaxe 2014-2020

A ciencia en imaxe 2014-2020

O Museo de Historia Natural da USC acolle nas súas salas a exposición temporal "A ciencia en imaxe 2014-2020". Esta mostra é o resultado do certame fotográfico "A ciencia en imaxe", que vén realizándose ininterrompidamente dende 2014, co gallo da celebración da festividade de Santo Alberte Magno e no que colaboran as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Química e Matemáticas, xunto coa Real Academia Galega de Ciencias.

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a "Peza do mes" de decembro

O Museo Arqueolóxico de Ourense presenta a "Peza do mes" de decembro

Como todos os meses, o museo escolle unha peza ou obra para darlle máis visibilidade e tratala de xeito singularizado a través dunha edición virtual na que unha persoa especialista ou investigadora dá a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza ou obra escollida.

Antropoloxía visual dunha sociedade confinada

Antropoloxía visual dunha sociedade confinada Profesionais da fotografía plasman a súa visión sobre o confinamento.

"Antropoloxía visual dunha sociedade confinada" é unha exposición creada polo Museo Etnolóxico de Ribadavia que viaxa agora ao Museo do Castro de Viladonga. Tal como indica o seu nome, o seu fío condutor non é outro que a recente crise sanitaria que supuxo un cambio nas nosas vidas. A pandemia da COVID-19 é dobre referencia para esta mostra, xa que, ademais do seu contido, é a primeira que se abre ao público neste museo tras o período de confinamento, un intento como outros de recuperar a ansiada "normalidade" volvendo aos espazos públicos.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago amplía as súas redes sociais

O Museo das Peregrinacións e de Santiago amplía as súas redes sociais

O Museo das Peregrinacións e de Santiago, consciente da importancia que nos últimos tempos adquiriron as canles de comunicación dixitais, está a levar a cabo unha actualización destas coa finalidade de crear unha rede de divulgación, intercambio e encontro. O obxectivo do museo é seguir máis preto de todas as persoas que a diario amosan o seu interese polas actividades do museo e polas súas coleccións.

Subscribirse a