Ir o contido principal

Peza do mes: Esferoide do Valiño

Peza do mes: Esferoide do Valiño Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

O esferoide perforado do Valiño (Cartelle, Ourense).

O esferoide protagonista deste mes é de anfibolita pulida, con forma globular aplanada con perforación central. Medidas: 77 mm (diámetro maior; diámetro máximo da perforación: 34 mm; diámetro mínimo da perforación: 21 mm).

A peza provén dun túmulo da paraxe do Valiño (Terzas, Cartelle, Ourense), monumento hoxe moi desfeito que conserva só o inicio da masa tumular, o que supón unha carencia de contexto.

Colección de arte Abrente (III)

Colección de arte Abrente (III)

Con esta mostra, composta por un total de 25 obras de autores/as coma Xosé Conde Corbal, Félix Cuadrado, José Manuel Vidal Souto, José Luis González Loureiro, Alberto Datas Panero, Mercedes Ruibal Argibay ou Isaac Díaz Pardo, a comisaria Sabela Fraga completa o conxunto de exposicións que visibiliza e homenaxea o labor do Grupo Abrente, unha agrupación que, centrada na colaboración entre artistas, escritores e intelectuais, materializouse nunha colección plástica que reflicte as novas inquietudes artísticas da década dos 70 en Galicia.

A exposición “Vestir épocas” amplíase ata o 30 de maio

A exposición “Vestir épocas” amplíase ata o 30 de maio

O éxito e a gran demanda de visitas fai posible unha nova prórroga ata finais de maio.

A exposición “Vestir épocas, 1860-1960” pode visitarse no Museo de Belas Artes da Coruña dende o 29 de outubro. A pesar das restricións impostas pola pandemia, a afluencia de visitantes e o interese espertado entre o público motivou varias ampliacións dende o mes de abril, e agora a oportunidade para desfrutala prolóngase ata o 30 de maio.

XX Ciclo Música para unha época

XX Ciclo Música para unha época Concertos no Museo para combinar a música e a arte da súa época

Un ano máis, o Museo de Belas Artes retoma un dos seus ciclos musicais máis veteranos. 'Música para unha época' busca combinar as obras musicais dun periodo determinado coas obras artísticas das salas do Museo correspondentes ao mesmo periodo histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

XX Ciclo Música para unha época

XX Ciclo Música para unha época Concertos no Museo para combinar a música e a arte da súa época

Un ano máis, o Museo de Belas Artes retoma un dos seus ciclos musicais máis veteranos. 'Música para unha época' busca combinar as obras musicais dun periodo determinado coas obras artísticas das salas do Museo correspondentes ao mesmo periodo histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura.

Celebración do Día do Libro

Celebración do Día do Libro

O Día do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura e render a homenaxe universal aos libros e autores/as cada 23 de abril. Os museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade uníronse como todos os anos a esta celebración, nesta ocasión a través das redes sociais.

Bookcrossing virtual conxunto coas bibliotecas de museos e centros de arte de toda España

Visitas en liña á exposición ‘VESTIR ÉPOCAS 1860-1960’

Visitas en liña á exposición ‘VESTIR ÉPOCAS 1860-1960’ Adaptación das visitas escolares de xeito virtual

Dentro da necesidade de adaptación aos novos usos obrigados polas cautelas sanitarias, o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece visitas en liña dirixidas ao alumnado de 4º ESO e Bacharelato para achegarlles a historia da moda a través da exposición “Vestir épocas 1860-1960”. A oitava arte entra no Museo para mostrar as modas e os modos de vestir da sociedade a través da colección Ana González-Moro.

Celebración do Día Internacional do Libro

Celebración do Día Internacional do Libro O Museo de Belas Artes propón diversas actividades para conmemorar o Día do Libro 2021

O día 23 de abril celébrase o“ Día Internacional do Libro” e o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece as seguintes actividades e recursos en liña:

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña ofrece:

Lectura en liña do catálogo da actual exposición temporal Vestir épocas. 1860-1960. A Colección Ana González-Moro”

A "Peza do mes" de abril no Museo Arqueolóxico de Ourense homenaxea o Xacobeo

A "Peza do mes" de abril no Museo Arqueolóxico de Ourense homenaxea o Xacobeo

Neste ano xacobeo 2021, o museo recupera para a "Peza do mes" unha pequena xoia de acibeche, atopada nunha das varias escavacións na zona das Burgas, na cidade de Ourense. Trátase dunha iconografía e dun material moi empregados na peregrinación a Santiago, que tiña nos balnearios medievais das Burgas unha parada de descanso.

CURSO OS TEMAS DA ARTE

CURSO OS TEMAS DA ARTE PAISAXE E IDENTIDADE NA COLECCIÓN DO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

O Museo de Belas Artes da Coruña atesoura na súa colección obras de artistas recoñecidos que elaboraron ou elaboran as súas expresións figurativas en torno á paisaxe e ao seu tratamento como tema principal, integrando descricións xeográficas e humanas realistas ou imaxinadas, e achegando a figuración a unha lectura de proximidade e de sensibilidade. Nas súas épocas e estilos, achégannos aos nosos territorios de pertenza e asómannos a outros descoñecidos que nos abren as portas a numerosas viaxes afectivas e intelectuais.

Subscribirse a