Ir o contido principal

Presentación das audioguías emocionais

Presentación das audioguías emocionais Celebración do Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”. O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas, a presentación do proxecto “Audioguías emocionais”, no que o alumnado implicado explicará a súa experiencia neste proxecto.

Concerto de Paul Álvarez Project

Concerto de Paul Álvarez Project Celebración do Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”. O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas, un concerto de fusión de flamenco, jazz e rock clásico no Salón de Actos do museo. Contará con Bruno Couceiro (batería), Iago Mouriño (teclado), Pablo San Mammed (baixo), Marian Ledesma (voz) e Paul Álvarez (guitarra). 

O concerto será retransmitido en directo en streaming dende o facebook do museo.

A terceira parte da exposición "Colección de arte Abrente", no Museo Etnolóxico

A terceira parte da exposición "Colección de arte Abrente", no Museo Etnolóxico

Complétase agora o conxunto de exposicións que visibiliza e homenaxea o labor do Grupo Abrente, unha agrupación que, centrada na colaboración entre artistas, escritores e intelectuais, materializouse nunha colección plástica que reflicte as novas inquietudes artísticas da década dos 70 en Galicia.

Charlas explicativas da exposición Vestir épocas 1860-1960

Charlas explicativas da exposición Vestir épocas 1860-1960 Retómanse as charlas sobre a exposición actual no Museo de Belas Artes

Charlas explicativas sobre a exposición 'Vestir Épocas'
Sábados ás 18:00h con inscripción previa.

Debido ás medidas adoptadas polo Covid-19 e para garantir a seguridade dos visitantes, realizaranse no salón de actos estas introduccións ao contido da exposición, co fin de facilitar a comprensión do que despois será a visita de xeito individual.

Só se concederán dúas prazas por solicitude, e as persoas interesadas deberán recibir a confirmación por escrito, incluíndo o número de asento asignado.

Resoando no pasado

Resoando no pasado Celebración do Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”. O Museo das Peregrinacións e de Santiago súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas, un concerto de Abraham Cupeiro no Auditorio do museo, “Resoando no pasado”, unha viaxe musical combinada cun monólogo pedagóxico na que recupera instrumentos de todas as épocas e lugares, explicando a súa orixe e facéndoos soar de novo. Unha actividade que suporá un achegamento á historia da música e unha oportunidade única de resoar con ela.

Origami mariño

Origami mariño Celebración do día internacional dos museos - 18 de maio

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o Museo Massó propón esta actividade en liña na que se ensina a elaborar varias figuras de animais mariños coa técnica do origami.

Origami mariño

Compostela Ilustrada no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Compostela Ilustrada no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Esta semana dará comezo a edición de 2021 de Compostela Ilustrada na que, como todos os anos, colabora o Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Este ano as actividades organizadas mesturan ilustración e feminismo e reflexionarán sobre "A conciencia do debuxo" con catro artistas invitadas que, a través da ilustración, o debuxo e o cómic, crearon traballos reivindicativos do papel da muller no pasado e no presente.

Subscribirse a