Ir o contido principal

O Museo Arqueolóxico de Ourense edita a súa "Peza do mes" de maio

O esferoide do Valiño, unha pequena peza perforada, excepcional pola súa forma e con grandes incógnitas sobre o seu uso, é a protagonista deste mes no museo. Procede de Cartelle (Ourense).

Habitualmente, o Museo Arqueolóxico de Ourense fai unha presentación pública na que unha persoa especialista ou investigadora dá a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características da obra escollida. Non obstante, co fin de garantir a saúde de visitantes e traballadores/as, e seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación coa COVID-19, continúase coa cancelación das actividades presenciais. Porén, a publicación virtual sobre esta peza está dispoñible en PDF nesta ligazón, onde se poden ver máis polo miúdo as características e semellanzas desta peza, a cargo, neste caso, de José María Eguileta Franco.