Ir o contido principal

19 de maio - 18:00h Presentación das audioguías emocionais Celebración do Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”. O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas, a presentación do proxecto “Audioguías emocionais”, no que o alumnado implicado explicará a súa experiencia neste proxecto. Froito da colaboración entre o Museo de Belas Artes da Coruña e o IES Menéndez Pidal (Zalaeta) realizouse este proxecto no que, a partir dunha selección de obras do Museo os alumnos participantes contarán as suxestións e emocións que lles causou a visión da obra de arte escollida.

O día 18 xa estarán instalados xunto as obras seleccionadas un código QR para que os interesados poidan escoitar o relato persoal feito polo alumno, baseado na escena do cadro e transcendendo en moitas ocasións máis alá da propia obra.

A continuación estará dispoñible nas Redes Sociais

Outras actividades ao longo da semana serán:

15 de maio. Sábado. 11:30-13:00 h. Obradoiros en familia

15 de maio. Sábado. 12:00 h, 18:00 e 20:00 h. Visitas guiadas á colección

15 de maio. Sábado. 21:30 h. Concerto de fusión flamenco jazz: Paul Álvarez Project. O concerto será retransmitido en directo en streaming dende o facebook do museo

18 de maio. Martes. 18:00-19:00 h. Visitas guiadas á colección

22 de maio. Sábado. 17:00 h e 20:00 h. Teatro. “Manuela é unha Inuit: política postcovid”.