18 de maio - 19:30h Concerto de Paul Álvarez Project Celebración do Día Internacional dos Museos
Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”. O Museo de Belas Artes da Coruña súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas, un concerto de fusión de flamenco, jazz e rock clásico no Salón de Actos do museo. Contará con Bruno Couceiro (batería), Iago Mouriño (teclado), Pablo San Mammed (baixo), Marian Ledesma (voz) e Paul Álvarez (guitarra).
O concerto será retransmitido en directo en streaming dende o facebook do museo.
Paul Álvarez Project é unha proposta musical diferente, que se fusiona cunha base flamenca co espírito dos sons negros e o mellor do rock clásico. Rodeado dos mellores músicos e vocais, Paul Álvarez leva a cabo un proxecto musical que é un concepto en si mesmo, un formato de quinteto e cunha incrible versatilidade. Aínda que o son chega directamente do espírito flamenco, as diversas influencias que rodean ao artista deixaron a súa pegada nas composicións da banda. Un toque de blues co aire jazz das mellores influencias de xénero e, sobre todo, un forte amor polo rock progresivo.
Outras actividades ao longo da semana serán:
15 de maio. Sábado. 12:00 h, 18:00 e 20:00 h. Visitas guiadas á colección
15 de maio. Sábado. 11:30-13:00 h. Obradoiros en familia
18 de maio. Martes. 18:00-19:00 h. Visitas guiadas á colección
19 de maio. Mércores. 18:00 h. Presentación do proxecto “Audioguías emocionais”. ”. Desde este día farase difusión destas audioguías nas redes por medio de podcast e dun vídeo onde o alumnado falará da súa experiencia.
22 de maio. Sábado. 18:30 h e 19:30 h. Teatro. “Manuela é unha Inuit: política postcovid”.