Ir o contido principal

18 de maio - 19:30h Resoando no pasado Celebración do Día Internacional dos Museos

Este ano, a celebración anual do Día Internacional dos Museos ten por lema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”. O Museo das Peregrinacións e de Santiago súmase á celebración ao través de varias propostas. Entre elas, un concerto de Abraham Cupeiro no Auditorio do museo, “Resoando no pasado”, unha viaxe musical combinada cun monólogo pedagóxico na que recupera instrumentos de todas as épocas e lugares, explicando a súa orixe e facéndoos soar de novo. Unha actividade que suporá un achegamento á historia da música e unha oportunidade única de resoar con ela.

Outras actividades ao longo da semana serán:

14 de maio. Venres. 19:30 h. Conferencia “Enfermidades, pestes, pergamiños e coidados en Santiago. Unha visión desde o Arquivo da Catedral.” 

15 de maio. Sábado. 11:00 h. Obradoiro de ilustración

15 de maio. Sábado. 18:30 h. Monólogo de Paula Carballeira

16 de maio. Domingo. 12:00 h. Concerto de Pakolas e Laura Romero