Ir o contido principal

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O museo

O Museo das Peregrinacións e de Santiago é unha institución que, pese á súa xuventude, ten unha longa traxectoria. Creado en 1951 por iniciativa de Manuel Chamoso Lamas (1909-1985), o seu obxectivo inicial era abordar a historia da cidade e o fenómeno das peregrinacións. Tras varios anos pechado ao público, abriu definitivamente as súas portas en 1996 como museo de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia.

A súa actual denominación, establecida en 2007, reivindica o seu carácter como “institución museística nacional e centro de documentación, investigación e interpretación de Santiago e das peregrinacións”.

A adquisición de novas coleccións e a necesidade de ampliar espazos e mellorar servizos, levou á incorporación no ano 2015 do edificio da Praza de Praterías, antiga sede do Banco de España, que é a nova sede expositiva do Museo. Foi rehabilitado entre 2009 e 2012 polo Consorcio de Santiago como segundo o proxecto do arquitecto Manuel Gallego Jorreto.  Ademais do edificio de Praterías o museo conta cunha sede administrativa na denominada Casa Gótica, un dos escasos exemplares de arquitectura civil do século XIV que se conservan en Santiago.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia.

Información do museo en formato PDF

http://museoperegrinacions.xunta.gal

Praza das Praterías, s/n
15704, Santiago de Compostela

Tlf. +34 881 867 315 / + 34 881 867 316
Fax +34 881 867 323

informacion.mdperegrinacions@xunta.gal

Horario

Martes a venres de 9:30 a 20:30 h.
Sábados de 11 a 19:30 h.
Domingos e festivos de 10:15 a 14:45 h.
Pechado todos os luns do ano e os seguintes festivos: 1 e 6 de xaneiro, 1 de maio, 24, 25 e 31 de decembro e un festivo local (16 de agosto).


Tarifas

Gratuíta
Información y reservas de grupos: difusion.mdperegrinacions@xunta.gal
Teléfono: 981 56 61 10