Ir o contido principal

Do 23 de abril ao 21 de maio do 2021 - 10:00h Celebración do Día Internacional do Libro O Museo de Belas Artes propón diversas actividades para conmemorar o Día do Libro 2021

O día 23 de abril celébrase o“ Día Internacional do Libro” e o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece as seguintes actividades e recursos en liña:

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña ofrece:

Lectura en liña do catálogo da actual exposición temporal Vestir épocas. 1860-1960. A Colección Ana González-Moro”

O catálogo da exposición Vestir Épocas. 1860-1960. A Colección Ana González-Moro no Museo de Belas Artes da Coruña, que se presentou en formato impreso o pasado 26 de febreiro de 2021, agora poderá consultarse tamén a texto completo en liña.

Exposición bibliográfica en liña de libros sobre moda

Mostra bibliográfica cunha selección dos títulos relacionados coa moda, o traxe e a indumentaria presentes no fondo da biblioteca do Museo de Belas Artes, realizada con motivo da exposición temporal “Vestir épocas. 1860-1960” no museo.

Bookcrossing virtual conxunto coas Bibliotecas de Museos e centros de arte de toda España

O Museo participa por décimo quinto ano consecutivo na campaña conxunta de liberación de libros ou bookcrossing, organizada desde fai quince anos pola Biblioteca-Centro de Documentación do Documentación do Artium, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria-Gasteiz. Nesta ocasión e por segundo ano consecutivo, compartirase de maneira virtual algunha das publicacións ou coleccións das institucións participantes. Este ano o Museo de Belas Artes da Coruña participa co catálogo da actual exposición temporal “Vestir épocas. 1860-1960”.

Pola súa parte, o departamento de educación do Museo, e aproveitando a semana do #DíadoLibro, lanza unha nova proposta do proxecto educativo #Correspondencias (da que hai varias convocatorias ao longo do ano). Nesta ocasión, polo Día do Libro, traballarase coa escritura. Nesta actividade chamada Ficcións propoñen crear unha narración partindo dunha obra da colección do museo.

Podedes ver o vídeo de presentación da actividade a través do seguinte enlace do Museo e descargar a proposta didáctica.

Se queredes compartir co museo os vosos traballos, enviádeos preferentemente antes do 21 de maio a través do correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou ben etiquetándonos en Instragram como  @museo.belas.artes.coruna.