Ir o contido principal

A exposición “Vestir épocas” amplíase ata o 30 de maio

O éxito e a gran demanda de visitas fai posible unha nova prórroga ata finais de maio.

A exposición “Vestir épocas, 1860-1960” pode visitarse no Museo de Belas Artes da Coruña dende o 29 de outubro. A pesar das restricións impostas pola pandemia, a afluencia de visitantes e o interese espertado entre o público motivou varias ampliacións dende o mes de abril, e agora a oportunidade para desfrutala prolóngase ata o 30 de maio.

Componse de máis de 300 obras da prestixiosa colección de Ana González-Moro que abranguen 100 anos de creación téxtil, desde 1860 a 1960. Trátase de pezas de gran beleza, técnica, singularidade e relevancia histórica que se poñen en diálogo e relación coas obras de arte da colección permanente do museo tendo en conta a súa iconografía, época e uso.

Pódese ampliar o contido da mostra nas seguintes ligazóns: