Ir o contido principal

Presentación do novo número da revista "CROA"

O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou o día 10 de decembro no Museo do Castro de Viladonga o número 30 da revista CROA.

A revista CROA é unha edición anual do Museo do Castro de Viladonga. De carácter informativo e científico, está composta por artigos de temática arqueolóxica, histórica, artística e patrimonial. Pretende ser o órgano de expresión científica e cultural do museo e, ademais, servir de vía de comunicación con outros museos a través do intercambio con outras institucións interesadas.

Neste novo número, correspondente ao ano 2020, recóllense estudos de carácter arqueolóxico, artístico, histórico, etnográfico e museográfico, as novidades bibliográficas recibidas na biblioteca do museo e unha referencia as actividades e traballos do museo no confinamento debido á COVID-19.

Posteriormente realizouse una visita ao castro para coñecer as últimas investigacións correspondentes á campaña 2020.