Do 22 de decembro do 2020 ao 1 de decembro do 2021 San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros

Museo Etnolóxico de Ribadavia

A exposición "San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros" chega ao Museo Etnolóxico de Ribadavia. Esta mostra supón unha achega á figura de San Cipriano de Antioquía, o santo máxico cristián por excelencia, patrón e protector dos practicantes das artes máxicas e contra os maleficios.

A selección de pezas de diferente natureza buscan amosar a súa ambivalencia na realidade e no imaxinario popular, pola súa fama de santo vinculado con prácticas relixiosas en toda Europa, África e parte de Oriente dende antigo, singularmente mediante a oración de San Cipriano, eficaz contra feitizos e o mal de ollo, e, por outra banda, con prácticas máxicas relacionadas co libro de maxia coñecido como Libro de San Cipriano ou ciprianillo na Península Ibérica, vinculado en Galicia e Portugal á busca de tesouros ocultos, contextualizando esta obra no mundo dos libros de maxia e prácticas máxicas europeas.

Galería

  • San Cipriano o Mago. De oracións, ciprianillos e tesouros