Do 17 de decembro do 2020 ao 30 de xuño do 2021 A ciencia en imaxe 2014-2020

Exposición fotográfica de divulgación científica.

O Museo de Historia Natural da USC acolle nas súas salas a exposición temporal "A ciencia en imaxe 2014-2020". Esta mostra é o resultado do certame fotográfico "A ciencia en imaxe", que vén realizándose ininterrompidamente dende 2014, co gallo da celebración da festividade de Santo Alberte Magno e no que colaboran as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Química e Matemáticas, xunto coa Real Academia Galega de Ciencias. O concurso está aberto a calquera persoa pertencente á comunidade universitaria da USC, que pode participar con calquera tema relacionado coas ciencias, a investigación e a divulgación científica. Os xurados tiveron en conta para a selección das imaxes premiadas criterios de orixinalidade, estética, conciencia social e a capacidade crítica e comunicativa expresada.

A exposición reúne unha vintena de fotografías, todas elas premiadas nas sucesivas edicións. Ademais da súa indiscutible calidade estética e fotográfica, as obras teñen a virtude de permitir aos/ás espectadores/as unha aproximación ao mundo da ciencia en xeral, desde perspectivas moi diferentes.