Publícase o número 30 da revista científica e de divulgación cultural "CROA"

A revista CROA é unha edición anual do Museo do Castro de Viladonga. De carácter informativo e científico, está composta por artigos de temática arqueolóxica, histórica, artística e patrimonial. Pretende ser o órgano de expresión científica e cultural do Museo, e ademais servir de vía de comunicación con outros museos a través do intercambio con outras institucións interesadas.
Neste novo número, correspondente ao ano 2020, recóllense estudos de carácter arqueolóxico, artístico, histórico, etnográfico e museográfico, as novidades bibliográficas recibidas na biblioteca do Museo e unha referencia ás actividades e traballos no confinamento debido á COVID-19.