Do 12 de novembro do 2020 ao 28 de febreiro do 2021 Arquitecturas Debuxadas Compostela. Santiago Catalán

Museo das Peregrinacións e de Santiago

O Museo das Peregrinacións e de Santiago promove con esta exposición a revalorización do patrimonio cultural galego, especialmente o relacionado coa meta da peregrinación xacobea, un programa expositivo con máis de dez anos de vida.

Santiago Catalán (Madrid, 1954) é arquitecto, debuxante e pintor. Titulouse na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1978 e reside en Lugo dende 1980, onde fundou e é socio da galería alternativa Bacabú. Leva seis anos recollendo as arquitecturas máis representativas das cidades galegas, o que se traduciu na publicación de dúas obras tituladas "Arquitecturas debuxadas", Lugo e Santiago.

83 debuxos de fustes, gálibos, cornixas e relevos. De neoclasicismo, de románico, de barroco e de modernismo. De Gil de Hontañón, de José Vega y Verdugo, de Lechuga e de Simón Rodríguez. Todo un compendio de arquitecturas configurado ao redor da catedral e da cidade de Compostela que é visto desde unhas perspectivas diferentes e cunha mirada tridimensional para conformar así un novo discurso no que se fai partícipe á cidadanía. A esta chámanlle a atención as cores imposibles e a caligrafía que serve de perpiaño a todo o conxunto.