Ir o contido principal

Campaña #aculturasegue

Campaña #aculturasegue

Dende a Dirección Xeral de Políticas Culturais animan a empregar o hashtag #aculturasegue porque a cultura e a lingua de Galicia están na casa, pero non paran... e porque todos queremos máis cultura e lingua. Empreguemos #aculturasegue para mostrar o compromiso co noso!

A proposta do Museo do Viño de Galicia para #aculturasegue

A proposta do Museo do Viño de Galicia para #aculturasegue

 

 

Hai outros mundos que tamén están neste. Neste presente de confinamento e paciencia, ofrécensenos grazas ás novas tecnoloxías. Porque a cultura e a lingua de Galicia están na casa, pero non paran… E porque todos queremos máis cultura e lingua… utilicemos #aculturasegue para mostrar o compromiso co noso patrimonio enolóxico.

Caosmos

Caosmos

Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) ata a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.

Peche temporal dos museos de titularidade e xestión autonómicas

Peche temporal dos museos de titularidade e xestión autonómicas

En aplicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, de data 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, queda suspendida a apertura ao público dos museos de titularidade e xestión autonómicas.

Camiño ComPostal

Camiño ComPostal

Mostra sobre a representación do Camiño nas postais históricas.

A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) presenta no museo unha pequena exposición con postais antigas que recollen motivos relacionados co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo. Comisariada por José M. Salgado, encádrase dentro do programa O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia.

Museo (do ermitán) Man

Museo (do ermitán) Man

Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936 - Camariñas, 2002), máis coñecido como Man de Camelle, foi presentado durante décadas polos medios de comunicación como un personaxe extravagante, o que non permitiu ver máis alá e recoñecer a verdadeira dimensión artística da súa vida e obra. Man foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente apartado do sistema artístico.

Ampliación da exposición de Luís Seoane ata o 10 de maio grazas á súa grande aceptación entre o público

Ampliación da exposición de Luís Seoane ata o 10 de maio grazas á súa grande aceptación entre o público

Ante a enorme afluencia de visitantes á exposición Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane, a mostra, que ía rematar esta semana, ampliarase ata o próximo 10 de maio.

Subscribirse a