Do 6 de marzo ao 6 de setembro do 2020 Museo (do ermitán) Man

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936 - Camariñas, 2002), máis coñecido como Man de Camelle, foi presentado durante décadas polos medios de comunicación como un personaxe extravagante, o que non permitiu ver máis alá e recoñecer a verdadeira dimensión artística da súa vida e obra. Man foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente apartado do sistema artístico. Ao longo da súa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle traía no contorno do seu xardín, formando esculturas e conxuntos artísticos en constante evolución que lle deron forma ao seu museo.

O 16 de novembro de 2002, a marea negra do Prestige chegou ao seu xardín e destruíuno por completo. Pouco despois, o 28 de decembro de 2002, ao ver a súa obra vital arrasada, faleceu. Anos despois, ao acceder ao interior da súa casa para recuperar os seus bens, púidose comprobar a verdadeira magnitude creativa do artista.

O seu legado deixóunolo en forma de proxecto museográfico, seguindo un proxecto totalmente innovador, no que se plasmaban conceptos moi actuais sobre xestión, difusión e divulgación museística. Sistematizouno nun compendio de 606 fotografías, debuxos e escritos denominado Museum vom Einsiedler Man. Camelle (La Coruña). Spanien, no que se recolle a esencia da súa creación artística entre os anos 1969 e 1978.

Nesta exposición, desenvolvida principalmente na Sala de Proxectos do museo, realizarase un percorrido polo imaxinario do artista, que derivou na creación dun museo persoal e singular, dos poucos que se conservan na actualidade dedicados á arte outsider.

Ligazóns

Galería

  • Museo (do ermitán) Man

  • Museo (do ermitán) Man