10 de marzo do 2020 Convocadas 5 bolsas Xunta/Fulbright para estudos artísticos nos EE UU

A Xunta de Galicia e a comisión Fulbright colaboran na oferta de cinco bolsas para que creadores/as vinculados/as con Galicia poidan realizar estudos, estadías ou investigacións nos Estados Unidos no campo das artes.

Os/as futuros/as bolseiros/as deberán ser maiores de idade; estar vinculados/as a Galicia por nacemento, residencia, formación ou traxectoria profesional; contar cun título superior ou artístico; dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nalgún centro estadounidense, e demostrar un alto coñecemento de inglés falado e escrito.

O prazo para presentar as solicitudes remata o martes 31 de marzo.

Ligazóns