Ir o contido principal

Atando cabos. Nós mariñeiros

Atando cabos. Nós mariñeiros Obradoiro práctico para aprender a facer os nós mariñeiros nunha actividade en familia organizada no Museo Massó

Dirixido a nenas e nenos dende oito anos (e menores acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito e Ballestrique.

Explicaranse a súa orixe e aplicación, e cada persoa participante elaborará un chaveiro cun tipo de nó mariñeiro.

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.

Con A de astrónomAs

Con A de astrónomAs Obradoiros de verán no Museo

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 103 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Obradoiro de Ex-libris

Obradoiro de Ex-libris Aprender de forma sinxela a técnica da estampación de selos e a personalizar os libros

O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (selos ou estampas) para personalizar os libros dos/as participantes. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns. As persoas participantes coñecerán os ex libris que Antonio Massó deseñou para a biblioteca do Museo e, a partir de aí, elaborarán e estamparán o seu propio selo.

Dirixido a maiores de 8 anos e menores acompañados.

PoesíaenRiba

PoesíaenRiba IV edición das actividades relacionadas coa poesía

O primeiro fin de semana de agosto, na igrexa da Madalena, o Museo Etnolóxico de Ribadavia en colaboración co concello, organiza a IV edicion de “Poesía en Riba”, reunindo actividades perfomáticas e un obradoiro de ecopoesía. Nesta ocasión recibe a Carlos Santiago, David Trashumante, a Yolanda Castaño e Aida Saco con Marcos de la Fuente (presentando "as cordas invisíbeis"), e será na igrexa da Madalena, con entrada de balde ata cubrir a capacidade.

 

PoesíaenRiba

PoesíaenRiba IV edición das actividades relacionadas coa poesía

O primeiro fin de semana de agosto, na igrexa da Madalena, o Museo Etnolóxico de Ribadavia en colaboración co concello, organiza a IV edicion de “Poesía en Riba”, reunindo actividades perfomáticas e un obradoiro de ecopoesía. Nesta ocasión recibe a Carlos Santiago, David Trashumante, a Yolanda Castaño e Aida Saco con Marcos de la Fuente (presentando "as cordas invisíbeis"), e será na igrexa da Madalena, con entrada de balde ata cubrir a capacidade.

 

A Real Carta Executoria de fidalguía da familia Meruéndano

A Real Carta Executoria de fidalguía da familia Meruéndano Continúa o proxecto “Ben[s]vidos”, co que amosar pezas que chegan ao almacén

Unha das partes máis importantes do museo é tamén unha das máis descoñecidas: os almacéns. Neles consérvase a colección do Museo Etnolóxico, unha colección en continuo crecemento e cunha grande variedade de pezas. A natureza propia do museo non permite expor nas salas todo o patrimonio que pasa a formar parte da colección, ben por espazo, tempo ou discurso expositivo. É por iso que naceu “BEN(S)VIDOS”, un proxecto expositivo no que se lle da lugar a pezas que pasan a formar parte da colección e que esperaban ser expostas nas salas do museo.

Atrapad@s na rede

Atrapad@s na rede Unha actividade para que as nenas e nenos vexan aspectos relacionados co mundo do mar dun xeito diferente, como é o oficio tradicional de redeira

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos menores e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural. Nesta ocasión, trátase de achegar aos rapaces e rapazas ao mundo do mar ao través do oficio tradicional de redeira cun obradoiro práctico para coñecer as técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.

Mareas de Vida

Mareas de Vida

A exposición fotográfica "Mareas de Vida" é unha iniciativa para poñer en valor o papel das mulleres do mar. É un evento organizado por FUNPROMAR (iniciativa impulsada por ANFACO-CECOPESCA), co apoio do Plan Social de ENCE e en colaboración coa marca SEREAS e FUNDAMAR.

Subscribirse a