Ir o contido principal

A Torre de la Parada, un espazo pictórico para Rubens

A Torre de la Parada, un espazo pictórico para Rubens Charlas para coñecer máis en profundidade o espazo perdido da Torre de la Parada e a súa colección de pintura, a mostra virtual interactiva que se pode visitar no Museo

O ciclo de conferencias amosará en profundidade aspectos para coñecer mellor o espazo perdido coñecido como "Torre de la Parada", do que na actualidade se amosa unha reconstrucción virtual no Museo

Mayte Vieta. O son do mar

Mayte Vieta. O son do mar

Mayte Vieta (Blanes, Girona, 1971) é unha artista visual que utiliza o espazo e a luz como medios de expresión a través da fotografía, a escultura e a instalación.

Cunhas influencias que abarcan desde Milan Kundera ata Simone Weil, Vieta reflexiona sobre as contradicións da experiencia humana mediante instantáneas que capturan a complexidade do espectro das nosas emocións, pensamentos e vivencias. As súas obras redefinen a relación entre contrarios coa coherencia que só os soños conteñen.

NO CAMIÑO: PELÍCULAS DE ESTRADA VIEIRO E HORIZONTE. Curso de cinema

NO CAMIÑO: PELÍCULAS DE ESTRADA VIEIRO E HORIZONTE. Curso de cinema Este curso propón unha exploración de diversas paisaxes fílmicas a través do desprazamento dos corpos e da viaxe, tanto física coma simbólica.

Este curso propón unha exploración de diversas paisaxes fílmicas a través do desprazamento dos corpos e da viaxe, tanto física coma simbólica (se é que se pode establecer esa distinción). Desde o apoxeo do clasicismo nos anos trinta do século pasado ata os nosos días, ao longo de case cen anos de historia do cine e a través de películas de diversos xéneros e países, buscaremos o horizonte por camiños e estradas, como tantos nómades fixeron antes.

As historias da música gravada en Galicia

As historias da música gravada en Galicia Visita guiada do comisario

Non perdades a oportunidade de coñecer con máis detalle a mostra da Escola Sinsal que chegou ó Museo Etnolóxico en colaboración co Festival Arteficial.

Esta mostra convida ó público a explorar a historia da música gravada en Galicia a través de oito figuras clave do país, dende o século XVII ata o século XX e ilustradas por artistas do cómic.

Cal era a relación de Emilia Pardo Bazán coa gravación sonora? Foi Labarta Pose o primeiro DJ galego?.

A historia da música gravada nunha mostra no Museo Etnolóxico

A historia da música gravada nunha mostra no Museo Etnolóxico

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, resaltou o importante que é “achegarse á nosa cultura desde moi diversas perspectivas e en moi distintos eidos, descubrindo a nosa historia e as persoas que interviron nela, neste caso no campo da transmisión musical”. Así o destacou esta tarde na inauguración da mostra As historias da música gravada en Galicia no Museo Etnolóxico de Ribadavia. 

As historias da música gravada en Galicia

As historias da música gravada en Galicia O Museo Etnolóxico acolle esta exposición dentro do marco do Festival Arteficial, e en colaboración coa Escola Sinsal

Esta mostra convida ao público a explorar a historia da música gravada en Galicia a través de oito figuras clave do país, dende o século XVII ata o século XX. O percorrido comeza en Ourense con Martínez de Presa e destaca a Severino Pérez Vázquez no século XIX, quen produciu un precursor do sintetizador de voz, case un "autotune". Outras historias inclúen a personaxes como Emilia Pardo Bazán e Maruja Boga, presentadas por oito artistas do mundo do cómic que narrarán as súas conexións co son e a música ao longo do tempo.

Presentación do libro 'Los exvotos en Galicia'

Presentación do libro 'Los exvotos en Galicia' Presentación do libro «Los exvotos en Galicia» de José Fuentes Alende na sala de exposicións do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

O xoves 12, ás 20:00 horas, presentarase na sala de exposicións de San Francisco «Escolma de Escultura» o libro «Los exvotos en Galicia. Su significación en la religiosidad popular: de la cera a los cuadros votivos», de José Fuentes Alende. No acto participarán o autor, xunto con José Carlos Sierra Rodríguez, ex director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e José César Llana Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Peza do mes: Lucerna. Campamento Aquae Querquennae

Peza do mes: Lucerna. Campamento Aquae Querquennae Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación pública terá lugar o 11 de setembro ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Subscribirse a