Ir o contido principal

O Museo de Belas Artes da Coruña amosa 100 obras de importantes artistas galegos do século XX, doadas por particulares nestes últimos oito anos

O Museo de Belas Artes da Coruña amosa 100 obras de importantes artistas galegos do século XX, doadas por particulares nestes últimos oito anos

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o pasado xoves, 30 de maio, no Museo de Belas Artes da Coruña a exposición Doazóns 2015-2023, na que se amosan 100 obras de artistas galegos do século XX — excepto dúas do século XVII— provenientes de 16 particulares que doaron nestes últimos oito anos pezas de importantes creadores, como  Sotomayor, Laxeiro, Elena Gago, María del Carmen Corredoira ou Xaime Quesada, entre outros.

Doazóns 2015-2023

Doazóns 2015-2023 Mostra das doazóns recibidas neste periodo no Museo que da a coñecer a xenerosidade dos particulares que incrementaron a colección de xeito totalmente desinteresado

O Museo de Belas Artes da Coruña da a coñecer, nesta mostra, as importantes doazóns de iniciativa particular que tiveron lugar nos últimos 8 anos e trata de resaltar a xenerosidade dos 16 doantes que aportan á colección do Museo un total de 100 obras de artistas galegos do século XX (ademais de dúas obras do século XVII), entre pinturas, debuxos, gravados, escultura e artes decorativas.

Os museos da Xunta de Galicia celebran o seu Día Internacional con máis de medio cento de actividades

Os museos da Xunta de Galicia celebran o seu Día Internacional con máis de medio cento de actividades

A Xunta de Galicia programa este ano máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra o sábado 18. O Consello Internacional de Museos propón para celebralo o lema Museos pola educación e a investigación ao que a programación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude se suma con visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas, teatro e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos. 

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita o Museo Massó de Bueu. Aproveitou a visita para coñecer as obras de rehabilitación que están en marcha con máis de 1 M€ ata o último trimestre do ano

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita o Museo Massó de Bueu. Aproveitou a visita para coñecer as obras de rehabilitación que están en marcha con máis de 1 M€ ata o último trimestre do ano

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe o Museo Massó para gozar dunha viaxe virtual polos fondos desta institución no marco da celebración do Día dos Museos. Neste senso, o responsable autonómico de Cultura coñeceu de primeira man a iniciativa Galiverso que forma parte das máis do medio cento de actividades que organiza a Xunta de Galicia con motivo desta efeméride.

A Xunta adquirirá os murais de Urbano Lugrís da Rúa Olmos da Coruña tras exercer o dereito de tanteo

A Xunta adquirirá os murais de Urbano Lugrís da Rúa Olmos da Coruña tras exercer o dereito de tanteo

A Xunta de Galicia adquirirá os murais de Urbano Lugrís localizados nos números 25 e 27 da rúa Olmos da Coruña tras presentar no Xulgado Mercantil número 3 da Coruña a resolución para exercer o dereito de tanteo. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude exerce así o seu dereito de adquisición preferente, recollido na Lei de Patrimonio Cultural para aqueles bens que contan co máximo nivel de protección, igualando a oferta de 36.000€ feita por un particular. 

V EDICIÓN PLATAFORMA. FESTIVAL DE ARTES PERFORMATIVAS

V EDICIÓN PLATAFORMA. FESTIVAL DE ARTES PERFORMATIVAS

Un ano máis, o CGAC renova o seu compromiso coa performance a través da súa colaboración con Plataforma. Festival de artes performativas. Na súa quinta edición, este festival, que naceu coa vocación e co obxectivo de enriquecer a potencia cultural de Santiago de Compostela, converteuse xa nunha das citas culturais de referencia na cidade durante o mes de maio.

PROGRAMA NO CGAC

18 maio 2024

QUE PINTAS NESTA FESTA? Un obradoiro de debuxo e acuarela para xente festeira

QUE PINTAS NESTA FESTA? Un obradoiro de debuxo e acuarela para xente festeira

Este taller, en colaboración co barrio de San Pedro, propón unha incursión nas súas festas a través dunha visita debuxada. Unha exploración do barrio guiada pola relación entre a observación e o bosquexo.

Iniciaremos a xornada cunha aula teórica con proxección de imaxes e trataremos técnicas de debuxo rápido. A continuación, sairemos a debuxar cunha proposta de encadre e acomodarémonos nunha localización que nos faga partícipes das festas: unha terraza de bar, un banco de rúa, un portal, o chan… En caso de choiva, teremos prevista unha localización alternativa con vistas á rúa.

Tecnoloxía da prehistoria na Idade do Bronce

Tecnoloxía da prehistoria na Idade do Bronce Obradoiro de arqueoloxía para conmemorar do Día Internacional dos Museos 2024

O Museopresenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Celebración do Día Internacional dos Museos 2024

Celebración do Día Internacional dos Museos 2024 Conmemoración ao longo de varias xornadas con diferentes propostas

O Museo Etnolóxico de Ribadavia presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Subscribirse a