Ir o contido principal

Mostra audiovisual DIM´24

Mostra audiovisual DIM´24 Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

«Educación e investigación. Revisitamos o concepto de peza favorita»

Seguindo o lema do DIM’24 «Museos pola educación e a investigación», Míriam Núñez e María Lorenzo, alumnas en prácticas no museo procedentes da USC, ofrecen unha visión creativa e didáctica do programa de difusión #amiñapezafavorita. Conxugan a investigación, divulgación e produción creativa, obtendo como resultado unha breve mostra audiovisual que poderán gozar todos os públicos no primeiro andar do museo e nas redes sociais do mesmo. 

Galiverso dos museos

Galiverso dos museos Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle o proxecto Galiverso dos Museos, unha experiencia de realidade virtual que permite entrar nunha versión dos once museos xestionados pola Xunta de Galicia nas catro provincias galegas. O usuario poderá observar e interactuar con algunhas das pezas máis destacadas destes centros.

Actividade de balde con reserva previa. Horario de martes a venres de 11:30 ás 14:30 h. Quendas cada 30 min.

Bordar en familia

Bordar en familia Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Música coral

Música coral Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Obradoiro Asorey

Obradoiro Asorey Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Talla en madeira

Talla en madeira Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens.

Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens. Visitas guiadas na conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

A través desta exposición inmersiva de realidade virtual, poderase percorrer as estancias da desaparecida Torre de la Parada, e contemplar o grandioso proxecto pictórico que a decoraba, e no que participou, entre outros moitos, P.P. Rubens, coa súa serie de pinturas mitolóxicas inspiradas na obra Metarmorfose de Ovidio, e das que o Museo de Belas Artes da Coruña posúe dous bosquexos.

Tecer recursos

Tecer recursos Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

Para nenos e nenas de 6 a 10 anos acompañados dun adulto. A partir do lema deste ano, Museos pola educación e a investigación, e tendo en conta que este ano o Día Internacional dos Museos apóiase  no noveno obxectivo de Desenvolvemento Sostible: Industria, Innovación e Infraestrutura (Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sostible, e fomentar a innovación), o obradoiro centrarase na industrialización a través dos materiais e os obxectos reproducidos nos cadros.

Cartas da muller ausente

Cartas da muller ausente Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

DITIRAMBO TEATRO

Cartas da muller ausente. Autora: Lola Roel

A obra reflexiona sobre a identidade a través da relación epistolar que unha muller mantén consigo mesma, seguindo as recomendacións do seu psiquiatra.

Entrada libre ata completar aforo

Subscribirse a