18 de maio - 11:00h Talla en madeira Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024
O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural.
O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar o público sobre o feito de que «os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos».
Dentro da programación, o obradoiro de talla en madeira estará dirixido por Javier Sanz, tallista profesional, nos soportais do Museo. Cada participante poderá tomar contacto coa talla en madeira, tan representativa dos contidos do Museo.