19 de maio - 11:30h Bordar en familia Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024
O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural.
O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar o público sobre o feito de que «os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos».
Dentro da programación, a ilustradora Bea Lema dirixirá este obradoiro a un público familiar no que se empregará a ilustración con bordado, un recurso moi empregado pola autora nas súas publicacións. Cada participante expresará unha escena da súa vida cotiá.
As nenas e nenos menores de 12 anos de idade deben estar acompañadas/os durante a experiencia por unha persoa adulta responsable.
Para a inscrición previa, premer nesta ligazón