A exposición sobre Sorolla no Museo de Belas Artes despídese con éxito ao recibir máis de 25.000 visitantes
A exposición sobre Sorolla no Museo de Belas Artes despídese con éxito ao recibir máis de 25.000 visitantes
A exposición Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia despediuse esta semana no Museo de Belas Artes da Coruña tras recibir máis de 25.000 visitantes. Unha cifra que se suma ás 50.000 persoas que recibiu a mostra Picasso branco no recordo azul e ás máis de 10.000 de A Coruña no tempo. Deste xeito, a Xunta de Galicia completa tres exitosos proxectos no último ano con 86.000 visitantes.