Ir o contido principal

Obradoiro de teitado

Obradoiro de teitado Recuperación do traballo e saberes tradicionais

No 2023, o Museo do Castro de Viladonga organizou no Cebreiro un obradoiro de escolmado de palla de centeo para teitar, impartido por José María Núñez, da Asociación Santo Grial.

Grazas ao éxito da iniciativa, este ano organízase, en dúas quendas diferentes, a continuación natural de aqueles traballos, o obradoiro para teitar de xeito tradicional con palla.

Estas son as datas e os horarios:

1ª quenda: 18 e 19 / 25 e 26 de maio

2ª quenda: 8 e 9 / 15 e 16 de xuño

9.00h-13.00h / 14.30h-18.30h

Obradoiro de teitado

Obradoiro de teitado Recuperación do traballo e saberes tradicionais

No 2023, o Museo do Castro de Viladonga organizou no Cebreiro un obradoiro de escolmado de palla de centeo para teitar, impartido por José María Núñez, da Asociación Santo Grial.

Grazas ao éxito da iniciativa, este ano organízase, en dúas quendas diferentes, a continuación natural de aqueles traballos, o obradoiro para teitar de xeito tradicional con palla.

Estas son as datas e os horarios:

1ª quenda: 18 e 19 / 25 e 26 de maio

2ª quenda: 8 e 9 / 15 e 16 de xuño

9.00h-13.00h / 14.30h-18.30h

Ruta "Educación sen límites"

Ruta "Educación sen límites" Actividade para conmemorar o Día Internacional dos Museos do 2024

Do martes 14 ao sábado 25 de maio en horario de apertura do museo, proponse un itinerario autónomo que permite, a través das coleccións do museo, achegarse a algunhas das iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galicia, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador.

Educación sen límites

Educación sen límites Actividade para conmemorar o Día Internacional dos Museos do 2024

Visita guiada temática: "Educación sen límites"

Visita guiada temática á exposición permanente do museo. O percorrido estará centrado en exemplos de iniciativas e innovacións que, ao longo da historia da educación en Galicia, permitiron ir transformando un modelo de escola tradicional cheo de exclusións noutro máis integrador.

Duración: 50 minutos

Aniversario da creación da Escala Básica de Suboficiais do Exército de Terra

Aniversario da creación da Escala Básica de Suboficiais do Exército de Terra Conferencia

O vindeiro xoves 09 de maio ás 19:30 horas, no Museo Histórico Militar da Coruña, impartirase a Conferencia "250 Aniversario da creación da Escala Básica de Suboficiais da Academia Xeral Básica de Suboficiais do Exército de Terra". Conferenciante: D. Jerónimo F. Naranjo García, licenciado en Historia, Dr. en Paz e Seguridade.

O acceso será libre ata completar aforo.

Alfonso Soto "Fon" II

Alfonso Soto "Fon" II Recoñecemento á traxectoria deste artista ribadaviense

Tras a primeira mostra dedicada a este pintor, no primeiro trimestre do ano, o Museo Etnolóxico presenta a segunda exposición da obra deste artista multidisciplinar nado en Ribadavia na década dos cincuenta.

 

Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao

Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao Presentación da doazón á Comunidade Autónoma de Galicia de obra deste autor

A exposición presenta a doazón de 22 obras do artista Tomás Barros (Toledo 1922 - A Coruña 1986) realizada polos seus fillos, Tomás e Araceli Barros Cao, á Comunidade Autónoma de Galicia, que é custodiada no Museo de Belas Artes da Coruña, obras que amplían o coñecemento da súa faceta artística como pintor e gravador.

A doazón componse dunha colección de sete óleos, catro debuxos realizados en ceras de cores sobre papel, unha acuarela e dez estampas gravadas coa técnica da linografía.

Subscribirse a