Ir o contido principal

Do 18 de maio ao 26 de maio do 2024 - 10:00h Obradoiro de teitado Recuperación do traballo e saberes tradicionais

No 2023, o Museo do Castro de Viladonga organizou no Cebreiro un obradoiro de escolmado de palla de centeo para teitar, impartido por José María Núñez, da Asociación Santo Grial.

Grazas ao éxito da iniciativa, este ano organízase, en dúas quendas diferentes, a continuación natural de aqueles traballos, o obradoiro para teitar de xeito tradicional con palla.

Estas son as datas e os horarios:

1ª quenda: 18 e 19 / 25 e 26 de maio

2ª quenda: 8 e 9 / 15 e 16 de xuño

9.00h-13.00h / 14.30h-18.30h

Para inscribirse é necesario chamar ao 982 870 160