Ir o contido principal

Con A de astrónomAs

Con A de astrónomAs Obradoiros de verán no Museo

Obradoiro Con A de astrónomas, no que se aborda a aportación de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas. Dende Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía.

Está pensado para nenas e nenos dende seis anos de idade.

A inscrición é gratuíta mediante reserva no teléfono: 886 151 103 ou no correo electrónico: museo.masso@xunta.gal.

Cestería no Camiño

Cestería no Camiño Exposición cos traballos derivados do III Encontro Internacional de cestería no Camiño

Na procura dunha maior visibilidade a un oficio a piques de desaparecer, e que formou parte da vida cotiá de toda Galicia, o Museo do Castro de Viladonga ven de organizar o “III Encontro Internacional de Cestería no Camiño”, tras a grande aceptación dos encontros anteriores, e consolidando xa unha liña de encontro no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro con cesteiros e cesteiras de diferentes procedencias, creando un espazo no que comparten e difunden coñecementos ao mesmo tempo que mostrar os seus traballos ao numeroso público que visita este conxunto, ent

III Encontro Internacional de cestería no Camiño

III Encontro Internacional de cestería no Camiño Actividade de verán

Tras o éxito das anteriores edicións, o Museo do Castro de Viladonga organiza un ano máis o Encontro de cestería no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, un lugar idóneo cuxas técnicas de cestería foron e están a ser usadas no tradicional teitado de colmo. Ademais é a entrada en Galicia do Camiño de Santiago polo que peregrinos e público do Conxunto Etnográfico desfrutarán do bo facer das cesteiras e cesteiros, creando así un ambiente multicultural.

A programación é a seguinte:

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o verán

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o verán Actividades e exposicións no Museo Liste para o terceiro trimestre do ano

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o terceiro trimestre de 2024, de xullo a setembro.

O programa inclúe información sobre:

A exposición temporal "Queridos obxectos: nostalxia e sedución"

PRESENTACIÓN DO LIBRO "ELOXIO DO CONFÍN"

PRESENTACIÓN DO LIBRO "ELOXIO DO CONFÍN"

O artista Manuel Vilariño presenta o seu poemario "Eloxio do confín (Diario)", no Museo de Belas Artes da Coruña.

O poemario, escrito nos inicios da pandemia do 2020, recolle 55 haikus escritos polo artista no bosque próximo á súa casa.

Cada un deles supón, a modo de diario, un reflexo dos seus pensamentos e emocións en relación coa vida e a natureza do seu entorno máis próximo, condensando un elemento, unha árbore, un canto dun paxaro ou unha lembranza, coma se dunha fotografía se tratase.

RapDAvia

RapDAvia Participación do Museo nunha actividade de compromiso e lecer para toda a cidadanía

No 2023 o Museo xa participou nesta convocatoria e nunha actividade chamada “Comunidade Activa” limpouse a zona do Muiño e arredores do Avia con actividades de concienciación medioambiental grazas a axuda de veciñanza de todas as idades.

Foles do CMUS de Ourense

Foles do CMUS de Ourense Celebración do Día Europeo da Música

No patio do Museo Etnolóxico, actuación polo Día Europeo da Música do alumnado do Conservatorio de Música de Ourense.

A festa europea da música é un evento nado en Francia e na actualidade celébrase en todos os continentes: unha xornada dedicada á reivindicación e á promoción da música como linguaxe universal da humanidade. Así, é interesante destacar algúns dos principios que hai que respectar, segundo a súa Carta de 1997: 

Peza do mes: Cunca tipo Alpiarça. Castro de Castromao

Peza do mes: Cunca tipo Alpiarça. Castro de Castromao Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A presentación pública terá lugar o 12 de xuño ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, dos arqueolóxicos) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor. 

Subscribirse a