Ir o contido principal

21 de xuño - 19:00h Foles do CMUS de Ourense Celebración do Día Europeo da Música

No patio do Museo Etnolóxico, actuación polo Día Europeo da Música do alumnado do Conservatorio de Música de Ourense.

A festa europea da música é un evento nado en Francia e na actualidade celébrase en todos os continentes: unha xornada dedicada á reivindicación e á promoción da música como linguaxe universal da humanidade. Así, é interesante destacar algúns dos principios que hai que respectar, segundo a súa Carta de 1997: 

É unha celebración da música viva destinada a valorizar a amplitude e a diversidade da práctica musical, e unha chamada á participación espontánea que inclúa tanto a profesionais como a afeccionados

Todos os concertos deben ser gratuítos e, a ser posible, ao aire libre en espazos públicos.

Ademais, celébrase o 21 de xuño xa que coincide co solsticio de verán.