IV CELME DE ZANFONA
IV CELME DE ZANFONA Cuarto encontro ao redor da zanfona
O CENTRAD de Lugo organiza as cuartas xornadas sobre a Zanfona na Galiza: orixe, sons, textos e contextos, instrumento en movemento.
O CENTRAD de Lugo organiza as cuartas xornadas sobre a Zanfona na Galiza: orixe, sons, textos e contextos, instrumento en movemento.
Neste obradoiro poderás coñecer os deseños elaborados para as latas das conservas.
Dirixido a maiores de 6 anos e menores acompañados.
O obradoiro consiste na realización de pequenos ex-libris (selos ou estampas) para personalizar os libros dos/as participantes. Aprenderán a técnica do gravado sobre goma e a fabricación de tampóns. As persoas participantes coñecerán os ex libris que Antonio Massó deseñou para a biblioteca do Museo e, a partir de aí, elaborarán e estamparán o seu propio selo.
Dirixido a maiores de 8 anos e menores acompañados.
Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos menores e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural. Nesta ocasión, trátase de achegar aos rapaces e rapazas ao mundo do mar ao través do oficio tradicional de redeira cun obradoiro práctico para coñecer as técnicas de confección das redes de pesca e os distintos tipos de artes.
No Museo planificouse unha visita-obradoiro en inglés para grupos de nenas e nenos dende seis anos de idade.
Con esta actividade búscase achegar de forma atractiva e interactiva os contidos principais do relato museístico da exposición permanente: a conquista do mar e a explotación dos recursos do mar, a través da industria conserveira e baleeira, e aprendendo o vocabulario específico escrito e oral en inglés con xogos e preguntas.
O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.
Observación nocturna do ceo con telescopio. Poderemos observar as Perseidas, a lúa, satélites e os planetas se a meteoroloxía o permite.
A observación terá lugar en Cabo Udra (zona do aparcadoiro).
En colaboración con Astrovigo.
Inscrición previa no teléfono 886 151 101 ou en museo.massó@xunta.gal
Obradoiro de verán para participantes a partir de 6 anos de idade.
Esta actividade xira ao redor da figura do pintor Urbano Lugrís e a súa vinculación co Museo e a familia Massó.
Proponse un xogo no que se trata de buscar en reproducións de cadros do pintor as pezas da colección do museo nas que se inspirou o artista para formar a súa particular iconografía.
Esta é unha mostra que recolle un percorrido dos vintecinco anos de traballo expositivo do Museo a través dunha selección das obras procedentes das mostras temporais. Organízase atendendo aos diferentes programas expositivos que o centro foi configurando, de aí o seu nome: as exposición son efémeras (volant), pero os fondos permanecen (manent).
Conta cun total de 117 pezas de 50 artistas que integraron no seu día as mostras expositivas que acolleu o museo.
Unha mostra que pretende poñer en valor e potenciar o rico patrimonio relixioso conservado dentro das antigas catro parroquias (San Juan, Santa María Magdalena, Santiago e Oliveira) e dous conventos (Santo Domingo e San Francisco) do municipio ribadaviense.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o 23 de xullo a exposición Patrimonio relixioso, a nova mostra impulsada polo Museo Etnolóxico de Ribadavia para dar a coñecer a historia de Galicia e o municipio a través de pezas de ourivaría, tallas devocionais e unha selección do fondo documental do arquivo parroquial.