10 de agosto - 12:00h Telling stories in the Massó Museum Unha forma diferente de practicar idiomas: descubrir o Museo en inglés
No Museo planificouse unha visita-obradoiro en inglés para grupos de nenas e nenos dende seis anos de idade.
Con esta actividade búscase achegar de forma atractiva e interactiva os contidos principais do relato museístico da exposición permanente: a conquista do mar e a explotación dos recursos do mar, a través da industria conserveira e baleeira, e aprendendo o vocabulario específico escrito e oral en inglés con xogos e preguntas.
O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.
A inscrición é gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.