Skip to main content

Publicados os resultados da Estatística de Museos e Coleccións Museográficas 2018

Publicados os resultados da Estatística de Museos e Coleccións Museográficas 2018

A Estatística de Museos e Coleccións Museográficas é unha investigación de periodicidade bianual, promovida conxuntamente pola División de Estatística e a Subdirección Xeral de Museos Estatais do Ministerio de Cultura, o Ministerio de Defensa (en relación cos museos militares) e as comunidades autónomas.

Esta operación estatística, pertencente ao Plan Estatístico Nacional, foi implantada no ano 2000 en participación co grupo de traballo de Eurostat sobre Estatísticas Culturais da Unión Europea.

Homenaxe dos museos a Domingo de Andrade polo Día das Artes Galegas

Homenaxe dos museos a Domingo de Andrade polo Día das Artes Galegas

O 1 de abril foi o Día das Artes Galegas e os museos achegaron as súas propias homenaxes ao grande arquitecto barroco Domingo de Andrade. As actividades programadas para este día están adiadas por mor das circunstancias actuais, pero houbo recoñecementos á súa obra nas redes sociais.

O 1 de abril é o #DíaDasArtesGalegas

O 1 de abril é o #DíaDasArtesGalegas

O Día das Artes Galegas é unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Dende 2015, conmemórase cada 1 de abril.

Cada ano dedícaselle o día a un/unha artista de Galicia. Este ano está dedicado ao arquitecto barroco Domingo de Andrade. As actividades e homenaxes programados para este día están adiados por mor das circunstancias actuais, pero podemos botar unha ollada a este personaxe, por exemplo, dende twitter.com/CidadedaCultura.

Imaxes de pedra. Rosa Elvira

Imaxes de pedra. Rosa Elvira

Rosa Elvira Caamaño Fernández (Bueu, 1954) proponnos unha viaxe polo Camiño de Santiago para que nos fixemos en detalles da monumental escultura románica. Ofrécenos unha escolma dalgunhas das pezas máis características de varios edificios da ruta do Apóstolo. A artista pasa polo seu prisma as diferentes lecturas históricas, teolóxicas e místicas destes elementos para favorecer así que o/a visitante vexa a influencia que tiveron nos movementos artísticos máis innovadores do século XX.

A proposta do Museo do Viño de Galicia para #aculturasegue

A proposta do Museo do Viño de Galicia para #aculturasegue

 

 

Hai outros mundos que tamén están neste. Neste presente de confinamento e paciencia, ofrécensenos grazas ás novas tecnoloxías. Porque a cultura e a lingua de Galicia están na casa, pero non paran… E porque todos queremos máis cultura e lingua… utilicemos #aculturasegue para mostrar o compromiso co noso patrimonio enolóxico.

Caosmos

Caosmos

Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) ata a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.

Subscribe to