Peza do mes: Ola de San Cibrao de Las
Peza do mes: Ola de San Cibrao de Las Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo.
A peza protagonista deste mes de maio procede do xacemento de San Cibrao de Las (“A Cidade”), en Cenlle (Ourense) e foi recuperada na campaña de escavación de 1992, levada a cabo polo equipo do Museo Arqueolóxico P. de Ourense, na ladeira oeste, arredor da porta da muralla e a rúa empedrada que sube ata a acrópole.
Este recipiente se encadra dentro do chamado grupo de olas con perfís en “S” que son unha forma moi habitual nos contextos de cambio de Era do medio Miño, sendo un dos tipos máis utilizados, quizais pola súa versatilidade.