Skip to main content

Os museos de Galicia comparten fotos de recordo con xente pola MuseumWeek

#aculturasegue #MuseumWeek2020

Todos xuntos! Tod@sunid@s. Este é o lema principal deste ano. Unha homenaxe á colectividade, á comunidade e aos esforzos conxuntos.

Nesta semana dedicada aos museos, a Museum Week, o mércores foi o día do hashtag #JuntosMW. Baixo este lema, unímonos coas imaxes dos museos de Galicia cheos de xente, nas exposicións, nas actividades, nas charlas, nos concertos... para desexar que moi pronto volvamos a esa normalidade. Cada museo fixo unha mención cariñosa e emocionada para toda a xente que forma parte da súa comunidade e que participa nas súas actividades: inauguracións de exposicións, presentacións de libros, concertos, obradoiros, proxeccións de cine, visitas, excursións... Podedes velas nos seus perfís de Facebook.

As imaxes dos nosos museos son o desexo de que moi pronto poidamos vernos de novo!