Skip to main content

Gañador do concurso de microrrelatos do Museo Arqueolóxico de Ourense

#aculturasegue

Este ano, polas especiais circunstancias que estamos a vivir, a celebración do Día Internacional do Libro tivo que ser sobre todo a través do mundo virtual. Os nosos museos fixeron propostas mediante as redes sociais para que o 23 de abril se celebrase igualmente.

O Museo Arqueolóxico de Ourense convocou un concurso de microrrelatos para conmemoralo. O equipo técnico do Museo está moi agradecido pola participación e a calidade dos textos recibidos, e escolleu como gañador o relato “Pedras”, que podedes ler descargando o PDF adxunto ou entrando nesta ligazón do Museo: https://www.facebook.com/musarqourense.

Parabéns, e grazas por ter participado!

Documentos

Microrrelato "Pedras" (1.25 MB) (...)