Skip to main content

Román Rodríguez presenta o catálogo de "Viae ad limina Sancti Iacobi"

Román Rodríguez presenta o catálogo de "Viae ad limina Sancti Iacobi"

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou este mércores o catálogo da exposición "Viae ad limina Sancti Iacobi", elaborado polo artista Chencho Pardo Valdés, a quen agradeceu o seu "agasallo a Galicia" cun traballo "excepcional e xenuíno" que se converterá nunha peza clave para seguir divulgando a cultura xacobea a través da arte. Román Rodríguez agradeceu a contribución do debuxante e calígrafo lucense para "reinterpretar nesta obra a beleza do patrimonio paisaxístico de Galicia, sen perder o seu enfoque realista e o seu valor histórico".

Publícase o número 30 da revista científica e de divulgación cultural "CROA"

Publícase o número 30 da revista científica e de divulgación cultural "CROA"

A revista CROA é unha edición anual do Museo do Castro de Viladonga. De carácter informativo e científico, está composta por artigos de temática arqueolóxica, histórica, artística e patrimonial. Pretende ser o órgano de expresión científica e cultural do Museo, e ademais servir de vía de comunicación con outros museos a través do intercambio con outras institucións interesadas.

Dous camiños. Santiago / Kumano

Dous camiños. Santiago / Kumano

No marco do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, cada ano deséñase un proxecto con ilustradoras co obxectivo de poñer en valor o papel da muller no mundo da arte. Nesta cuarta edición, a artista seleccionada foi a asturiana Catalina Rodríguez, coa finalidade de levar a cabo un ambicioso proxecto que a levaría a percorrer e debuxar o Kumano Kodo e o Camiño de Inverno.

Fondos pétreos

Fondos pétreos

O Museo Arqueolóxico de Ourense amosa unha selección da súa colección pétrea no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las.

Mentres avanzan a bo ritmo as obras de rehabilitación do Pazo do Bispo, sede do museo na praza Maior de Ourense, o museo amosará unha selección de pezas, moitas delas ata o de agora descoñecidas para o público, que se conservaban neste edificio. Un traballo que, se ben comezou coa idea de expoñer estas pezas a modo de almacén visitable mentres se realizan as devanditas obras, deu como resultado unha magnífica exposición.

Román Rodríguez avanza que a Xunta impulsará a dixitalización dos museos na nova lei que inicia a súa tramitación parlamentaria

Román Rodríguez avanza que a Xunta impulsará a dixitalización dos museos na nova lei que inicia a súa tramitación parlamentaria

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou no Museo de Belas Artes a exposición Vestir épocas 1860-1960, visitable ata o vindeiro mes de marzo e que recolle máis de 300 pezas procedentes da colección téxtil da familia González-Moro que dialogan coas obras da colección propia do museo co obxectivo de mostrar os usos e costumes de 100 anos de historia a través dos traxes, pezas de indumentaria e complementos.

Os museos celebran o Día das Bibliotecas 2020

Os museos celebran o Día das Bibliotecas 2020

Co lema Bibliotecas, sempre ao teu carón, o 24 de outubro conmemorouse o Día Internacional das Bibliotecas.

 

O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro dende o ano 1997. A edición deste ano, baixo o lema Bibliotecas, sempre ao teu carón, centrábase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.

Bibliotecas ante a COVID-19

Tes máis conto que Calleja

Tes máis conto que Calleja Pequena mostra nacida da celebración do Día das Bibliotecas 2020.

A biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia custodia este conxunto de minicontos da editorial Calleja, resultado dunha doazón en 2013. Destacan nestes minicontos o seu tamaño e o preciosismo das súas ilustracións.

A editorial española Saturnino Calleja, fundada en 1879, en activo durante catro décadas, supuxo unha revolución dentro da edición de libros escolares e de literatura infantil en España, democratizando a lectura infantil.

A Xunta apoia as XXII xornadas de homenaxe a Valle Inclán cunha exposición cos gravados orixinais de "Voces de gesta"

A Xunta apoia as XXII xornadas de homenaxe a Valle Inclán cunha exposición cos gravados orixinais de "Voces de gesta"

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación das XXII xornadas de homenaxe a Valle Inclán que se celebrarán desde o venres 16 na Pobra de Caramiñal co apoio da Xunta de Galicia na posta en marcha dunha exposición con gravados orixinais de Voces de gesta cedidos polo seu neto.

Subscribe to